Ao longo dos últimos días todas as nenas e todos os nenos do colexio cantamos panxoliñas. Cada clase preparou unha cantiga e fixo unha ronda por todo o cole.
En 6ºB preparamos unha panxoliña moi chula e fomos cantala ao resto do alumnado e ao profesorado.
Este é o blog que estamos a facer as nenas e os nenos do 3º ciclo de primaria do CEIP de Viñas. Nel imos poñer algúns dos nosos traballos, as nosas opinións, subxestións,...
20/12/11
OS PETRÓGLIFOS
En 6º estamos en sección bilingüe en plástica (é en inglés). Facemos cousas moi bonitas e moi interesantes. Ultimamente estivemos traballando sobre os petróglifos, aprendemos e fixemos cousas moi chulas.
CALENDARIOS DA ASOCIACIÓN DE AMIGAS E AMIGOS DA CANCEIRA
No mes de novembro todo o alumnado do centro participamos na elaboración de debuxos relacionados co amor e coidado aos cans. Con algúns destes debuxos a ASOCIACIÓN DE AMIGOS E AMIGAS DA CANCEIRA DE POIO elaborou un calendario que quedou moi bonito. Hoxe viñeron ao centro unha representante da asociación e un concelleiro, Rosa e Gregorio, entregarnos un exemplar ás persoas que resultamos seleccionadas co noso debuxo. Foi moi emocionante!
14/12/11
A VISITA DE SANDRA AZÓN
Hoxe estivo con nós no colexio a deportista de vela Sandra Azón. Contounos cousas relacionadas coa práctica dese deporte e da súa vida. Sabemos que participou en campionatos de Europa, campionatos mundiais e nos xogos olímpicos e que gañou medallas en todos.
Gustounos moito todo o que nos dixo sobre o deporte de vela.
Ogallá veña visitarnos máis veces.
Gustounos moito todo o que nos dixo sobre o deporte de vela.
Ogallá veña visitarnos máis veces.
10/12/11
CHEGA O NADAL
Xa levamos varios días traballando sobre o Nadal e agardamos con impaciencia as vacacións, a visita de Papá Noel, a dos Reis Magos,...
28/11/11
TRABALLAMOS SOBRE A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
O vindeiro 6 de decembro a Constitución está de aniversario, sabedes por que? Averiguádeo clicando nestes enlaces de cores:
1. Para aprender que é:
CONSTITUCIÓN
CONSTITUCIÓN
2. Para ler unha historia:
CONTO
3. Para saber máis:
PÁXINA WEB (A idade da Constitución que menciona non se corresponde coa actual, por que será?)
1. Para aprender que é:
CONSTITUCIÓN
CONSTITUCIÓN
2. Para ler unha historia:
CONTO
3. Para saber máis:
PÁXINA WEB (A idade da Constitución que menciona non se corresponde coa actual, por que será?)
ENLAZÁMONOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Os nenos e as nenas de 5º aprendemos que ninguén é dono de ninguén.
Que non se maltrata á parella: non se insulta, viola, grita, pega ou mata.
Se a parella non nos quere, deixámola que faga a súa vida.
Que non se maltrata á parella: non se insulta, viola, grita, pega ou mata.
Se a parella non nos quere, deixámola que faga a súa vida.
27/11/11
DEREITOS DA INFANCIA
Ao longo dos últimos días estivemos traballando en 6º sobre os dereitos humanos. A partir deles tamén lemos sobre os dereitos da infancia. Parecéronos moi interesantes, pero decatámonos de que non se respectan en todos os países. É unha mágoa que haxa nenas e nenos que non teñen as necesidades básicas cubertas.
18/11/11
CANTIGA DO MAGOSTO
Os alumnos e as alumnas de 5º atopamos esta cantiga que nos gustou e compartimos con vós.
Pasámolo moi ben no magosto e participamos en todos os xogos.
Aquí podemos ver algunhas fotos do ben que o pasamos.
Pasámolo moi ben no magosto e participamos en todos os xogos.
Aquí podemos ver algunhas fotos do ben que o pasamos.
17/11/11
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Hoxe, por fin, celebramos o magosto no colexio. Estaba previsto para o martes pero como choveu houbo que esperar a que viñese un día bo. As alumnas e os alumnos de 6º comezamos a traballar para o magosto á 1ª hora da mañá preparando todo para facer a fogueira. Despois preparamos as castañas para poñer nas brasas, puxemos dúas mesas para servilas, recollemos todos os "cucuruchos" polas clases,... Cando as castañas xa estiveron feitas fomos xogar un pouco no recreo. Tan pronto como tocou o timbre preparámonos para repartir as castañas ás nenas, aos nenos e ao profesorado do cole. Estaban riquísimas!!! A verdade é que nos saíu todo ben porque nos axudou moito o profesor Antonio, así que lle damos as grazas.
Logo da degustación das castañas participamos, como o resto do alumnado do centro, nos xogos populares que se fixeron no patio.
Pasámolo moi ben! Ogallá todos os días de colexio fosen como este!
Logo da degustación das castañas participamos, como o resto do alumnado do centro, nos xogos populares que se fixeron no patio.
Pasámolo moi ben! Ogallá todos os días de colexio fosen como este!
10/11/11
REFRÁNS E DITOS DO OUTONO
EN 6º ESTIVEMOS BUSCANDO REFRÁNS E DITOS SOBRE O OUTONO. ISTO É O QUE ATOPAMOS.
Outono
En setembro vendima correndo.
Non por moito vendimar se enche o lagar.
Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
Polo San Miguel xa o coello se ve ben.
A horta en outono mantén o seu dono.
Outono quente trae o demo no ventre.
Outono chuvioso ano copioso.
No outono bota as patacas e garda cedo as vacas.
Se en setembro empeza a chover, outono seguro é.
En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.
Polo San Andrés, o viño novo vello é.
Polo San Andrés trompos aos pés
Antes de san Martiño, pan e viño, despois de san Martiño, fame e frío.
Polo san Martiño proba o teu viño.
No mes dos mortos mata os teus porcos.
Tras o veranciño de San Martiño chegou o nadal co seu inverniño.
Santa Lucía quítalle á noite e ponlle ao día.
Samaín
A cabaza e o casar todo é acertar.
A cabaza e o queixo, sempre ó peso.
Magosto
Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño.
Polo San Martiño vai ver o teu soutiño.
Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.
Temperá é a castaña que por setembro regaña.
Fíate das castañas asadas, que se estoupan, saíranche á cara.
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín.

8/11/11
OS TRABALLOS DO OUTONO EN IMAXES
Xa levamos varias semanas de outono e traballamos moito. Aquí vai unha pequena mostra do noso traballo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)