17/11/11

CELEBRAMOS O MAGOSTO

Hoxe, por fin, celebramos o magosto no colexio. Estaba previsto para o martes pero como choveu houbo que esperar a que viñese un día bo. As alumnas e os alumnos de 6º comezamos a traballar para o magosto á 1ª hora da mañá preparando todo para facer a fogueira. Despois preparamos as castañas para poñer nas brasas, puxemos dúas mesas para servilas, recollemos todos os "cucuruchos" polas clases,... Cando as castañas xa estiveron feitas fomos xogar un pouco no recreo. Tan pronto como tocou o timbre preparámonos para repartir as castañas ás nenas, aos nenos e ao profesorado do cole. Estaban riquísimas!!! A verdade é que nos saíu todo ben porque nos axudou moito o profesor Antonio, así que lle damos as grazas.
Logo da degustación das castañas participamos, como o resto do alumnado do centro, nos xogos populares que se fixeron no patio.
Pasámolo moi ben! Ogallá todos os días de colexio fosen como este!

8 comentarios:

  1. Anónimo18/11/11

    En 6ºB pasámolo moi ben.

    ResponderEliminar
  2. Viva 6ºA la mejor clase de todas :p

    ResponderEliminar
  3. Antía 6ºB21/11/11

    A min gustoume moito facer a fogueira,repartir castañas e xogar aos xogos.

    ResponderEliminar
  4. Sabela21/11/11

    A min encatoume facer a fogueira e axudar a profe Maricha a colocar os xogos.

    ResponderEliminar
  5. CamilaNXL21/11/11

    Hola eu son CaMiLa e o blog cada vez quedanos moito mellor e coa fogueira do magosto Abdi andaba todo o tempo mirando as brasas e moi preto do lume.Cando saímos dalí Abdi tiña toda a cara vermella e cheiraba a CHOURIZO XD

    ResponderEliminar
  6. Abdi1221/11/11

    Ola,gústame o blog de 6º.

    ResponderEliminar
  7. Nerea y Gema21/11/11

    Nós, os de 6ªB fomos os primeiros en baixar a facer a fogueira.

    Axudamos moito ao profe Antonio, gustaríame
    que todos os días fosen así.

    !Moito animo¡

    ResponderEliminar
  8. Anónimo26/11/11

    Estou deseando que cheguen as navidades

    ResponderEliminar