10/11/11

REFRÁNS E DITOS DO OUTONO

EN 6º ESTIVEMOS BUSCANDO REFRÁNS E DITOS SOBRE O OUTONO. ISTO É O QUE ATOPAMOS.

Outono
En setembro vendima correndo.
Non por moito vendimar se enche o lagar.
Polo San Miguel sabe o touciño a mel.
Polo San Miguel xa o coello se ve ben.
A horta en outono mantén o seu dono.
Outono quente trae o demo no ventre.
Outono chuvioso ano copioso.
No outono bota as patacas e garda cedo as vacas.
Se en setembro empeza a chover, outono seguro é.
En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.
A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.
Polo San Andrés, o viño novo vello é.
Polo San Andrés trompos aos pés
Antes de san Martiño, pan e viño, despois de san Martiño, fame e frío.
Polo san Martiño proba o teu viño.
No mes dos mortos mata os teus porcos.
Tras o veranciño de San Martiño chegou o nadal co seu inverniño.
Santa Lucía quítalle á noite e ponlle ao día.

Samaín
A cabaza e o casar todo é acertar.
A cabaza e o queixo, sempre ó peso.

Magosto
Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño.
Polo San Martiño vai ver o teu soutiño.
Castañas no Nadal saben ben e pártense mal.
Temperá é a castaña que por setembro regaña.
Fíate das castañas asadas, que se estoupan, saíranche á cara.
Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín.

1 comentario: