No mes de novembro todo o alumnado do centro participamos na elaboración de debuxos relacionados co amor e coidado aos cans. Con algúns destes debuxos a ASOCIACIÓN DE AMIGOS E AMIGAS DA CANCEIRA DE POIO elaborou un calendario que quedou moi bonito. Hoxe viñeron ao centro unha representante da asociación e un concelleiro, Rosa e Gregorio, entregarnos un exemplar ás persoas que resultamos seleccionadas co noso debuxo. Foi moi emocionante!
No hay comentarios:
Publicar un comentario