19/11/12

O NOSO MAGOSTO!

Este ano fomos os encargados de preparar a fogata, coa axuda do profe Antonio, o que damos as grazas dende aquí, e a nosa profe. As castañas saíron boísimas e ben asadiñas.Despois da degustación pasámolo xenial cos xogos.E o tempo tamén acompañou según podedes ver nas fotos! Alumnas e alumnos de 6º

14/11/12

CELEBRAMOS O MAGOSTO!

Este martes, acompañados por un tempo soleado  celebramos a festa do magosto no Cole.

Como este ano somos os maiores, tivemos que axudar cos preparativos da fogata para ter unhas boas brasas en que asar as castañas.

Contamos coa axuda do noso profesor do ciclo anterior Antonio, o que dende aquí damos as gracias, e a nosa titora.

Despois da desgustación, participamos nos xogos que había programados e pasámolo estupendamente .

Aumnas e alumnos de 6º

22/6/12

6º DESPÍDESE DO COLEXIO!

Hoxe rematou o curso! Estabamos desexando que chegase este día pero...cando por fin chegou deunos moita mágoa despedirnos.
Comezamos o día preparando todo para a festa que iamos facer despois do recreo. Á segunda hora da mañá fomos ao salón de actos onde nos fixeron a entrega de orlas. Foi un acto moi emotivo e como remate Jacobo cantou para todas as persoas presentes. Estivo moi ben!
A continuación estivemos vendo unha película e logo fomos ao recreo, cando este rematou comezamos a nosa festa de despedida.
Felices vacacións e ata pronto!

6/6/12

MARCOS CALVEIRO ESTIVO NO COLEXIO!

Hoxe estivo con nós Marcos S. Calveiro, o autor de "O carteiro de Bagdad". Contounos moitas cousas, sobre todo relacionadas co libro. Foi unha visita moi interesante!

17/5/12

PARABÉNS A NEREA, ANTÍA E ALEJANDRO

O Consello Municipal de Cultura xa fallou o XX Concurso literario Xaime Illa Couto. Entre as persoas gañadoras temos alumnado deste centro de 6º de primaria. Dámoslle a noraboa polo premio conseguido (diploma, lote de libros e 70 euros) a:
  • Alejandro Blanco Costas (categoría B-poesía)
  • Nerea Oubiña Viñas (categoría C-poesía)
  • Antía Vázquez Corredoira (categoría C- relato curto)

16/5/12

VITAMINAS PARA O GALEGO

Hoxe no colexio lemos un manifesto en apoio á nosa lingua galega. Se queredes lelo premede aquí
Ao remate desta lectura Noemi, Diego e Alejandro leron as poesías que escribiron para as Letras Galegas. Podedes ver as fotos e o vídeo.






A lectura do manifesto do noso colexio xunto coas de outras persoas e institucións pode verse clicando aquí para ír á páxina correspondente.


5/5/12

LETRAS GALEGAS

Durante os próximos días imos traballar ao redor do autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas: Valentín Paz Andrade.
Para saber máis ao redor deste perxonaxe tan importante, clicade na palabra correspondente:

4/5/12

CANTAMOS OS MAIOS

Un ano máis cantamos os maios. Para nós foi moi emocionante. Pasamos un ratiño moi entretido.

27/4/12

AS NOSAS COPLAS PARA OS MAIOS

Xa está chegando o mes de maio! Como sabedes é un mes moi especial, nel celebramos os maios e tamén as Letras Galegas.
Nós xa fixemos algunhas coplas para cantar os maios. Aquí poñemos algunhas das que fixemos en 6º. Ogallá vos gusten!

19/4/12

DÍA DO POBO XITANO

Para celebrar o día do pobo xitano participamos todo o ciclo nun obradoiro. Estiveron traballando con nós Nati, Rocío e Rebeca (do Secretariado Xitano). Estiveron contando moitas cousas relacionadas coa cultura xitana (cerimonias, oficios,...). Tamén fixemos un xogo no que tiñamos que relacionar palabras en caló con palabras paias. Ao remate houbo música.

31/3/12

INFORMACIÓNS AO REDOR DO LIBRO DE MARCOS CALVEIRO

  • Clicade  aquí para facer unha visita virtual ao Museo de Iraq (saqueado durante a guerra).
  • Para saber máis do Código de Hammurabi  mirade este vídeo:


  • Para saber máis de sunnitas e xiítas premede aquí.
  • A historia de Abdulwahid transcorre no país onde naceu a escritura. Queredes saber como era esa escritura?


19/3/12

O CARTEIRO DE BAGDAD

O carteiro de BagdadEste é o libro que estamos lendo na clase dende hai uns días. O seu autor é Marcos S. Calveiro
En 6º B estamos gozando bastante coa súa lectura.
Trata dun neno de 11 anos, Abdulwahid, que vive co seu pai Ibrahim, que é carteiro, e coa súa nai Fatiha nunha humilde casa no barrio de Karrada, en Bagdad. Abdulwahid ten que entregar unha carta misteriosa no lugar do seu pai, quen tivo un accidente coa moto mentres regresaba do traballo.

13/3/12

CONTACONTOS

O día 12 de marzo tivemos unha sesión de contacontos no colexio con Inacio Vilariño. A sesión xirou ao redor do seu libro Fábula galénica. Pasámolo moi ben!

3/3/12

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 8 de marzo conmemórase o día da muller traballadora. Que vos parece se falamos durante estes días sobre estes vídeos, xogos, cómic,...? (Para velos só hai que clicar enriba).
Animacións:
 Vídeos:
Conto:
Cómic:

26/2/12

FIXEMOS MÁSCARAS!

Durante varios días estivemos deseñando e elaborando máscaras do entroido tradicional galego. Fixémolas coa profe Carmiña en plástica (sección bilingüe).

24/2/12

MORCEGOS!!!

Recibimos unha carta de Libracus (a nosa mascota da biblioteca), parece que precisa a nosa axuda, así que imos facer todo o posible por atopar a información que nos pide.

18/2/12

UNHA VIAXE FANTÁSTICA

Aquí podedes ver unha bonita historia de animación relacionada cos libros, a súa creación e coidado. Non perdades detalle!

17/2/12

FESTA DE ENTROIDO

Despois de varios días traballando ao redor desta festa popular, hoxe por fin celebramos no colexio a festa do entroido.
Despois do recreo houbo un baile de disfraces que durou ata a hora da saída. Tamén houbo un concurso de baile e Diego, o noso compañeiro de 6º, foi un dos gañadores. Foi moi divertido!

14/2/12

CHEGA O ENTROIDO

Está a piques de chegar o entroido. Durante toda a semana vimos á escola con algunha parte do corpo disfrazado.
No colexio xa levamos días traballando ao redor desta festa. Este ano decidimos averiguar como se celebran estas datas noutros lugares de Galicia.
En 6ºB estivemos traballando sobre o entroido en Vilaboa. A verdade é que parece moi divertido, polo menos é o que pensamos despois de ler varios artigos.

7/2/12

OBRADOIRO DE CAPOEIRA

O pasado venres tivemos no colexio un obradoiro de CAPOEIRA cunhas persoas brasileiras. Foi moi interesante, aprendemos moito e pasámolo moi ben.

O

31/1/12

SABEDES QUE SON OS NOBEL DA PAZ?

Ao longo do mes de xaneiro estivemos investigando sobre sobre os Premios Nobel da Paz. Coa información que atopamos elaboramos unha pequena presentación e fomos dar conferencias ao resto do alumnado do centro.
Velaquí a presentación de 6º B. Ogallá vos guste!



30/1/12

PLANTEMOS A PAZ!

Celebramos no colexio o Día da Paz:
- Ao longo da semana pasada buscamos novas nos xornais que non nos gustaron e que nos gustaría botar ao lixo, recortámolas e pegámolas en macetas. En cada maceta botamos terra e prantamos algunhas sementes (lentellas, fabas,...). Despois preparamos unha tarxetiña na que puxemos unha palabra coa que expresamos o noso desexo (amor, amizade, tolerancia,...) e puxémola cun cartón/pau na maceta. No noso planeta pasan moitas cousas que non están nada ben, hai que ter esperanza en que "nazan" cousas boas.
- Hoxe viñeron ao centro Ana e Helena, as animadoras sociais do Concello de Poio que nos fixeran esta proposta de traballo. Fixemos unha celebración na que puxemos todas as macetas enriba da palabra PAZ (que nos trouxeron do centro social) e para finalizar cantamos unha canción.
Foi un acto moi bonito!

19/1/12

A PROPÓSITO DA PAZ

Estamos a facer algunha investigación sobre a paz. Este ano temos interese en saber que son os Nobel da Paz, así que levamos días buscando información e xa veremos o que atopamos. Agardamos que sexa algo interesante.

9/1/12

ATA PRONTO CAMILA

Despois destas curtas vacacións de nadal, xa estamos outra vez de volta no colexio. En 6º  atopámonos cunha nova que non esperabamos, a nosa compañeira Camila marchara para Arxentina o día 7 de xaneiro. Nós quedamos moi tristes posto que levabamos con ela moitos anos, pero desexámoslle que sexa moi feliz e lle vai moi ben coa súa familia en Bos Aires. Naturalmente que seguiremos en contacto!