30/1/12

PLANTEMOS A PAZ!

Celebramos no colexio o Día da Paz:
- Ao longo da semana pasada buscamos novas nos xornais que non nos gustaron e que nos gustaría botar ao lixo, recortámolas e pegámolas en macetas. En cada maceta botamos terra e prantamos algunhas sementes (lentellas, fabas,...). Despois preparamos unha tarxetiña na que puxemos unha palabra coa que expresamos o noso desexo (amor, amizade, tolerancia,...) e puxémola cun cartón/pau na maceta. No noso planeta pasan moitas cousas que non están nada ben, hai que ter esperanza en que "nazan" cousas boas.
- Hoxe viñeron ao centro Ana e Helena, as animadoras sociais do Concello de Poio que nos fixeran esta proposta de traballo. Fixemos unha celebración na que puxemos todas as macetas enriba da palabra PAZ (que nos trouxeron do centro social) e para finalizar cantamos unha canción.
Foi un acto moi bonito!

1 comentario: