22/6/12

6º DESPÍDESE DO COLEXIO!

Hoxe rematou o curso! Estabamos desexando que chegase este día pero...cando por fin chegou deunos moita mágoa despedirnos.
Comezamos o día preparando todo para a festa que iamos facer despois do recreo. Á segunda hora da mañá fomos ao salón de actos onde nos fixeron a entrega de orlas. Foi un acto moi emotivo e como remate Jacobo cantou para todas as persoas presentes. Estivo moi ben!
A continuación estivemos vendo unha película e logo fomos ao recreo, cando este rematou comezamos a nosa festa de despedida.
Felices vacacións e ata pronto!

2 comentarios:

  1. Antía 6ºB23/6/12

    Deume moita pena despedirme do colexio e dos meus compañeiros.Un día irémosvos a visitar.

    ResponderEliminar
  2. Que fai Mame Diarra nas fotos, non se supón que ela é unha rapaza de 5º?
    Estabades todos moi bonitos, felicidades meus pequerrechos, acabo de ver que o meu irmán maior está xigante! sorprendedesme moito, eu aínda non me gradúei, a min faltame moito, no inverno dalá eu alí si me gradúo, pero bó ainda quedame moito tempo de gozo nas clases, e aprendendo do meu amigo Fede
    un bico!!!!!!

    ResponderEliminar