Hoxe rematou o curso! Estabamos desexando que chegase este día pero...cando por fin chegou deunos moita mágoa despedirnos.
Comezamos o día preparando todo para a festa que iamos facer despois do recreo. Á segunda hora da mañá fomos ao salón de actos onde nos fixeron a entrega de orlas. Foi un acto moi emotivo e como remate Jacobo cantou para todas as persoas presentes. Estivo moi ben!
A continuación estivemos vendo unha película e logo fomos ao recreo, cando este rematou comezamos a nosa festa de despedida.
Felices vacacións e ata pronto!
Este é o blog que estamos a facer as nenas e os nenos do 3º ciclo de primaria do CEIP de Viñas. Nel imos poñer algúns dos nosos traballos, as nosas opinións, subxestións,...
22/6/12
6/6/12
MARCOS CALVEIRO ESTIVO NO COLEXIO!
Hoxe estivo con nós Marcos S. Calveiro, o autor de "O carteiro de Bagdad". Contounos moitas cousas, sobre todo relacionadas co libro. Foi unha visita moi interesante!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)