31/1/12

SABEDES QUE SON OS NOBEL DA PAZ?

Ao longo do mes de xaneiro estivemos investigando sobre sobre os Premios Nobel da Paz. Coa información que atopamos elaboramos unha pequena presentación e fomos dar conferencias ao resto do alumnado do centro.
Velaquí a presentación de 6º B. Ogallá vos guste!



30/1/12

PLANTEMOS A PAZ!

Celebramos no colexio o Día da Paz:
- Ao longo da semana pasada buscamos novas nos xornais que non nos gustaron e que nos gustaría botar ao lixo, recortámolas e pegámolas en macetas. En cada maceta botamos terra e prantamos algunhas sementes (lentellas, fabas,...). Despois preparamos unha tarxetiña na que puxemos unha palabra coa que expresamos o noso desexo (amor, amizade, tolerancia,...) e puxémola cun cartón/pau na maceta. No noso planeta pasan moitas cousas que non están nada ben, hai que ter esperanza en que "nazan" cousas boas.
- Hoxe viñeron ao centro Ana e Helena, as animadoras sociais do Concello de Poio que nos fixeran esta proposta de traballo. Fixemos unha celebración na que puxemos todas as macetas enriba da palabra PAZ (que nos trouxeron do centro social) e para finalizar cantamos unha canción.
Foi un acto moi bonito!

19/1/12

A PROPÓSITO DA PAZ

Estamos a facer algunha investigación sobre a paz. Este ano temos interese en saber que son os Nobel da Paz, así que levamos días buscando información e xa veremos o que atopamos. Agardamos que sexa algo interesante.

9/1/12

ATA PRONTO CAMILA

Despois destas curtas vacacións de nadal, xa estamos outra vez de volta no colexio. En 6º  atopámonos cunha nova que non esperabamos, a nosa compañeira Camila marchara para Arxentina o día 7 de xaneiro. Nós quedamos moi tristes posto que levabamos con ela moitos anos, pero desexámoslle que sexa moi feliz e lle vai moi ben coa súa familia en Bos Aires. Naturalmente que seguiremos en contacto!