Ao longo dos últimos días todas as nenas e todos os nenos do colexio cantamos panxoliñas. Cada clase preparou unha cantiga e fixo unha ronda por todo o cole.
En 6ºB preparamos unha panxoliña moi chula e fomos cantala ao resto do alumnado e ao profesorado.
Este é o blog que estamos a facer as nenas e os nenos do 3º ciclo de primaria do CEIP de Viñas. Nel imos poñer algúns dos nosos traballos, as nosas opinións, subxestións,...
20/12/11
OS PETRÓGLIFOS
En 6º estamos en sección bilingüe en plástica (é en inglés). Facemos cousas moi bonitas e moi interesantes. Ultimamente estivemos traballando sobre os petróglifos, aprendemos e fixemos cousas moi chulas.
CALENDARIOS DA ASOCIACIÓN DE AMIGAS E AMIGOS DA CANCEIRA
No mes de novembro todo o alumnado do centro participamos na elaboración de debuxos relacionados co amor e coidado aos cans. Con algúns destes debuxos a ASOCIACIÓN DE AMIGOS E AMIGAS DA CANCEIRA DE POIO elaborou un calendario que quedou moi bonito. Hoxe viñeron ao centro unha representante da asociación e un concelleiro, Rosa e Gregorio, entregarnos un exemplar ás persoas que resultamos seleccionadas co noso debuxo. Foi moi emocionante!
14/12/11
A VISITA DE SANDRA AZÓN
Hoxe estivo con nós no colexio a deportista de vela Sandra Azón. Contounos cousas relacionadas coa práctica dese deporte e da súa vida. Sabemos que participou en campionatos de Europa, campionatos mundiais e nos xogos olímpicos e que gañou medallas en todos.
Gustounos moito todo o que nos dixo sobre o deporte de vela.
Ogallá veña visitarnos máis veces.
Gustounos moito todo o que nos dixo sobre o deporte de vela.
Ogallá veña visitarnos máis veces.
10/12/11
CHEGA O NADAL
Xa levamos varios días traballando sobre o Nadal e agardamos con impaciencia as vacacións, a visita de Papá Noel, a dos Reis Magos,...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)